Que son as Redes Sociais?
Unha
rede social é unha estrutura social onde hai individuos que se relacionan entre
si. As relacións poden ser de distinto tipo como intercambios financieiros,
amizade, sexo.... Úsanse tamén como
medio para a interacción entre diferentes como chats, foros, xogos en liña,
blogs…
A orixe das redes sociais remóntase, polo
menos, a 1995, cando Randy Conrads crea o sitio web classmates.com. Con esta
rede social o que se busca é que a xente poida recuperar ou manter o contacto con
antigos compañeiros da escola, instituto, universidade, etc.
Nestas
comunidades, un número inicial de participantes envían mensaxes a membros da
súa propia rede social invitándoos a unirse ao sitio. Os novos participantes
repiten o proceso, medrando o número total de membros e os enlaces da rede. Os
sitios ofrecen opcións como actualización automática da libreta de direccións,
perfís visibles, capacidade de crear
novos enlaces mediante servizos de presentación e outras maneiras de conexión
social en líña. As redes sociais tamén poden crearse en torno ás relacións
comerciais.
Para que utilizan os
adolescentes as Redes Sociais?
Encaixan
perfectamente coas necesidades dos adolescentes: un espazo propio, de ámbito
exclusivo, lonxe das miradas dos pais e educadores. Supón tamén un exceso de dependencia do outro misturada
cunha certa curiosidade malsá e moita perda de tempo. Estas redes veñen a ser o
“cuarto virtual”, ese que decoro como eu quero, e ao que invito a quen quero”.
É o propio reflexo da vida de cada un. Tés un estado no que escribes o teu
estado de ánimo xeral ou o que che pase pola cabeza, eses estados, situados no
encabezamento da túa páxina, quedan gardados e calquera que te teña na súa rede
como amigo pode velo e comentar nel. Nalgúns tamén tes a posibilidade de pór o
teu estado civil na actualidade.Tamén crea absurdad competencias entre amigos
por ver que consigue máis visitas e quén
é o máis popular.
Canto tempo malgastamos de
media nos foros?
O máis
sorprendente é o tempo que pasa o usuario medio metido nestas redes. Segundo un
estudo realizado pola auditora Nielsen, o tempo de uso diario ronda as tres
horas. Durante ese longo lapso, que se fai?
Para
algúns, estes foros non son a ocupación exclusiva durante todo ese período.
Entre eles o habitual será que, tras unha ollada máis ou menos detida, o tempo
dependa das novidades introducidas nos perfís dos amigos desde a última
visita-, a rede social que quede conectada mentres que o usuario se dedica a outras
cousas co ordenador (navigar, descargar documentos, escoitar música, ver cine,
realizar consultas en Internet, redactar traballos da universidade, etc.).
Sen
embargo, outros moitos dedican durante esas tres horas atención exclusiva a estes foros como Tuenti,
Facebook, etc. Primeiro comézase visitando as novidades introducidas nos perfís
dos amigos e amigas. Logo aínda que non fose esa a intención inicial é fácil
entreterse noutras cousas. A Rede Social reclama a atención do usuario cunha
frecuencia moi alta: calquera mensaxe, foto ou vídeo que introduce algún dos
amigos presentes na rede supón unha chamada que con frecuencia é atendida cun
intercambio de mensaxes, de fotos –que son as estrelas destes foros- ou de
vídeos. Cargar fotos e vídeos xa supón un certo tempo…e o reloxo corre.
Como os
grupo de amigos na rede son cada vez máis nutridos e é máis fácil que as
rutinas de ocupación de tempo sexan moi semellantes, as novas entradas multiplícanse
nese tempo, co que volven ás páxinas xa vistas para ver as novidades en perfis
visitados recentemente. Deste modo, a dedicación diaria exclusiva elévase ata
rozar as tres horas e media. E desde logo é diaria: para a maioría dos usuarios,
unha das tarefas cotiás que non poden faltar é a de meterse no Facebook, Tuenti
ou outros similares.
Cales son as súas influencias?
Sen dúbida ninguén imaxinou as repercusións das famosas redes sociais:
blogs persoais, My Space, Facebook xa que moitos empresarios reclutan aos seus
traballadores a través deste tipo de sitios virtuais, onde se intercambian a
miúdo intereses, información sobre proxectos ou creación de subgrupos, ademais
é preciso mencionar que estas tecnoloxías están xeralmente ligadas á poboación
moza, xa que as persoas de máis idade non mostran interese en relacionarse con
este tipo de redes nin aprender sobre navigación e búsqueda de información en
internet.
Moitos estudos realízanse en base aos datos
obtidos nas redes sociais como por exemplo os estudos de mercado, por se fora pouco, non hai necesidade de
segmentalos porque a maioría xa conteñen
datos como a idade, sexo, intereses e demais. Posiblemente isto orixine certa
polémica con respecto ao dereito á intimidade pero nunca ninguén poderá dicir
que as redes sociais non están transformando o mundo web.
Algúns exemplos de Redes Sociais.
Estes
son algúns exemplos das Redes Sociais máis importantes: Tuenti, Facebook, Hi-5, Badoo, Twitter, MySpace, etc.
-Facebook é a rede máis utilizada a
nivel internacional. Foi creada no ano 2004 por Mark Zuckerberg, estudante da
Universidade de Harvard, e aínda que comezou sendo unha Rede Social de estudantes,
hoxe é a máis grande Rede Social do mundo con máis de 300 millóns de usuarios.
En 2006, Facebook
extendeuse cara a India; e no 2007 integrouse con Youtube; en 2008 lanzou a súa
versión en francés, alemán, extendéndose por todo o planeta.
RBC Capital estima que
o número de usuarios de Facebook sobrepasará os 500 millóns no ano 2011. Isto
significaría que Facebook podería reunir a máis do 10 % dos habitantes da Terra
antes de cumprir os dez anos de idade.
Que permite facer
Facebook?
·
Amigos. Coñecer xente
e facer amigos.
·
Grupos e Páxinas.
Compartir gustos comúns.
·
Publicar mensaxes e
comentarios para que os meus amigos e coñecidos os vexan e comenten.
·
Vídeos. Agregar
vídeos.
·
Fotos. Facebook ten más
de 5 millóns de fotos engadidas.
·
Regalos. Son iconas
cunha mensaxe que se pode dar en privado ou en público.
·
Xogos. Existen
diferentes xogos para que os usuarios poidan entreterse con eles.
·
Marketing. Publicar
noticias, comunicarse con clientes, gañar prestixio de marca e difundir
efectivamente produtos e eventos.
Os usuarios de Faceboock españois comparten máis a súa situación sentimental que o resto dos españois
Tres de cada catro usuarios de redes
sociais en España non toma ningunha precaución cos datos persoais que está a
compartir en Facebook. Así o sinala un recente estudo
realizado pola empresa secure.me baseado en datos de
75.000 usuarios desta rede social en 11 países europeos. O 33% das mulleres e o
52% dos homes teñen todo o seu perfil público, o que implica que calquera pode
consultalo. Do informe despréndese que o 76% dos usuarios españois publican
detalles persoais nos seus perfís, xa sexa a cidade na que viven, a ideoloxía
política, os membros da súa familia ou o estado sentimental. A compañía sinala
que canto máis informacións abertas se compartan, máis vulnerables serán os
usuarios ao roubo de datos e a suplantación de identidade.
Por outra
parte, o informe sinala que somos máis prudentes á hora de publicar a data de
nacemento que o resto de europeos (54% dos usuarios españois fronte ao 78% dos
suízos, por exemplo). Non obstante, de todos os usuarios analizados, somos os
máis propensos a compartir publicamente a situación sentimental: o 60% dos
españois móstrana no seu perfil de Facebook fronte ao
24% dos rusos ou o 39% dos austríacos. Tamén nos situamos á cabeza á hora de
publicar spam. En canto a compartir aplicacións
malintencionadas na TimeLine, soamente os franceses (cun 36%) superan os
usuarios españois (34%).
Facebock perxudica ás persoas con baixa autoestima !
Facebook pode
ser un lugar fabuloso para fortalecer as relacións entre persoas. Pero na
práctica, os individuos con baixa autoestima compórtanse de xeito
contraproducente nesta rede social, bombardeando aos seus contactos con mensaxes
negativas sobre as súas vidas e volvéndose cada vez menos amigables para os
demais, segundo se desprende dun novo estudo da Universidade de Waterloo (Canadá) publicado na revista Psychological Science.
Joanne
Wood e Amanda Forest, coautoras do estudo,
comprobaron que a xente con baixa autoestima se comporta de xeito diferente á
hora de expresar as súas emocións caro-a-cara ou en Facebook, e que perciben a rede social como un lugar seguro
para evitar situacións sociais violentas ou embarazosas, polo que se comunican
máis on-line. Non obstante, a realidade é que os demais "se cansan" das mensaxes
negativas, que son emitidos con máis frecuencia por suxeitos que teñen a
autoestima minguada. O peor é que "en Facebook non
vemos as reaccións dos demais", reflexiona Wood, e os
individuos seguen emitindo mensaxes que lles prexudican socialmente.