domingo, 20 de noviembre de 2011

Crean o material sólido máis lixeiro do mundo



Un equipo de investigadores da Universidade de California, os Laboratorios HRL e o Instituto de Tecnoloxía de California desenvolveu o material máis lixeiro do mundo, aproximadamente 100 veces máis lixeiro que o poliestireno extruido (comercializado baixo a marca Styrofoam). O novo material contén un 99,99% de aire e só un 0,01% de elementos sólidos. A parte sólida, fabricada a escala nanométrica, está formada por unha rede de tubos ocos cun espesor mil veces inferior a un cabelo.

A pesar de tratarse dun metal, recupérase completamente tras a compresión e ten unha extraordinaria capacidade de absorber enerxía. "Na actualidade os materiais resultan moito máis fortes se os creamos nas dimensións da nanoescala", explica Lorenzo Valdevit.

No hay comentarios:

Publicar un comentario