As plantas están a florecer antes do
previsto polos experimentos de quentamento ambiental desenvolvidos polos
científicos, segundo se deduce dunha análise históricos de datos de 1.558
especies vexetais de catro continentes, recompilados durante varias décadas. As
conclusións publícanse hoxe na revista Nature.
Os investigadores desenvolven habitualmente
experimentos nos que manipular a temperatura ambiental en torno a pequenos
cultivos de plantas para descubrir como reaccionan cando a calor aumenta. As
respostas das plantas incorpóranse a modelos que se usan para predicir que
cambios experimentarán os ecosistemas se o cambio climático continúa segundo o
previsto. Non obstante, un grupo de científicos chegou á conclusión de que as
previsións poden quedarse curtas, xa que os datos históricos indican que os
cambios que causa o quentamento son superiores aos estimados. A primavera empeza
antes e a floración das plantas acelérase máis do que mostran os experimentos.
En concreto, os rexistros históricos mostran que as flores aparecen entre 5 e 6
días antes por cada grao centígrado que se eleva a temperatura media.
Os
estudos de fenoloxía, é dicir, a relación entre factores climáticos e ciclos de
seres vivos como a floración, proporcionan información moi valiosa sobre as
respostas das plantas ao cambio climático.
No hay comentarios:
Publicar un comentario