
En todo Estados Unidos existen 35 cidades e, segundo o propio Groening, cando creou a serie "parecíame divertido que houbese moita xente que se sentise identificada co nome da cidade". De feito, cando nalgún capítulo Homer indicaba no mapa onde estaba a cidade, sempre algo lle molestaba ou se poñía diante impedindo que os fans visen a súa situación exacta.
Agora, despois de 23 tempadas e máis de 500 capítulos, o principal artífice da serie decidiu que xa era hora de que os seguidores de Los Simpsons soubesen onde está a inspiradora cidade. Como explica na entrevista, chameina Springfield por Springfield, en Oregón" e é que o propio Groening se criou a apenas 180 quilómetros ao norte desta cidade, en Portland. Non obstante, explicaba que a súa verdadeira inspiración a encontrou nunha serie televisiva: cando era neno o programa "Father Knows Best" tiña lugar na cidade de Springfiel e eu estaba entusiasmado porque imaxinaba que era na que estaba preto de Portland. Cando crecín decateime que era un nome ficticio".
Que diferenzas e similitudes hai entre a realidade e a ficción?
A cidade de Springfield en Oregón ten unha poboación aproximada duns 60.000 habitantes mentres que a cidade imaxinaria da serie apenas supera os 30.00 veciños. Igualmente a data de creación da cidade é completamente distinta. Mentres que a verdadeira urbe se fundou coa chegada da familia Briggs en 1848 e foi recoñecida como cidade en 1885, a cidade onde viven os Simpsons foi creada por Jebediah Springfield en 1796.

Igualmente na entrevista Matt explicou que a familia Simpson é unha representación da súa propia: a súa nai chámase Margaret, as súas irmás Lisa e Maggie e o seu pai chámase Homer.
Os fans dos Simpsons xa non terán que percorrerse todo Estados Unidos buscando a inspiradora cidade da serie. Simplemente terán que viaxar ás coordenadas 44º 3'11" N 122º 59'28 " O para estar no lugar onde Bart, Homer e o resto da familia Simpson vive e teñen as súas aventuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario