
Non obstante, existen excepcións nas que as cores se clasifican en só dúas categorías. Pero mesmo neses casos conservan un elemento común: todas as culturas agrupan as cores que denominamos "fríos" nunha categoría e os que chamamos "cálidos" noutra.
Os resultados do estudo, publicados na revista Proceedings of the Nacional Academy of Sciences, foron extraidos da análise dos datos recompilados polo proxecto World Colour Survey (WCS), un compendio de nomes de cores en moitas linguas elaborado ao longo de medio século que actualmente reúne achegas de 2.616 persoas e 110 linguas, na súa maior parte só faladas.
Curiosidade...
A cor das mediciñas condiciona ós pacientes?
Un estudo realizado na Universidade de Bombai (India) e publicado na revista International Journal of Biotechnology revela que a cor dun medicamento inflúe no seu efecto sobre os pacientes aos cales se receita.
En concreto, segundo demostraron R.K. Srivastava e os seus colegas, a maioría mostra unha clara preferencia polas pastillas de cor vermella ou rosa. Ademais, unha alta porcentaxe de pacientes pensa que os medicamentos de cor rosa son os máis doce, mentres que a cor amarela se asocia ao sabor salgado, e o branco e o azul ao gusto amargo.
"Cada vez que un paciente toma unha pastilla ou unha cápsula, ten percepcións que poden afectar á efectividade que espera que teña o medicamento", aseguran os científicos, que consideran que habería que asegurarse de que a cor, a forma e todos os elementos sensoriais dun fármaco crean percepcións positivas que complementan aos atributos médicos. "Se os pacientes son remisos a tomar unha pastilla por un prexuízo sobre o seu sabor, ou simplemente porque a cor non lles gusta, habería que considerar facer cambios no seu aspecto", conclúen.
Por qué ós nenos gústanlle as cores vivas e extridentes?

Segundo a psicóloga Vanessa Simmering, directora da investigación, ata os cinco anos non adquirimos a capacidade de asociar os obxectos da realidade circundante cunha cor determinada. De aí que, cando chega a hora de pintar, os máis pequenos elixan ao azar os tons que máis lles chaman a atención, que loxicamente son os máis luminosos e estridentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario