Que son as Redes Sociais?
A orixe das redes sociais remóntase, polo
menos, a 1995, cando Randy Conrads crea o sitio web classmates.com. Con esta
rede social o que se busca é que a xente poida recuperar ou manter o contacto con
antigos compañeiros da escola, instituto, universidade, etc.
Nestas
comunidades, un número inicial de participantes envían mensaxes a membros da
súa propia rede social invitándoos a unirse ao sitio. Os novos participantes
repiten o proceso, medrando o número total de membros e os enlaces da rede. Os
sitios ofrecen opcións como actualización automática da libreta de direccións,
perfís visibles, capacidade de crear
novos enlaces mediante servizos de presentación e outras maneiras de conexión
social en líña. As redes sociais tamén poden crearse en torno ás relacións
comerciais.
Encaixan
perfectamente coas necesidades dos adolescentes: un espazo propio, de ámbito
exclusivo, lonxe das miradas dos pais e educadores. Supón tamén un exceso de dependencia do outro misturada
cunha certa curiosidade malsá e moita perda de tempo. Estas redes veñen a ser o
“cuarto virtual”, ese que decoro como eu quero, e ao que invito a quen quero”.
É o propio reflexo da vida de cada un. Tés un estado no que escribes o teu
estado de ánimo xeral ou o que che pase pola cabeza, eses estados, situados no
encabezamento da túa páxina, quedan gardados e calquera que te teña na súa rede
como amigo pode velo e comentar nel. Nalgúns tamén tes a posibilidade de pór o
teu estado civil na actualidade.Tamén crea absurdad competencias entre amigos
por ver que consigue máis visitas e quén
é o máis popular.
Canto tempo malgastamos de media nos foros?
Como os
grupo de amigos na rede son cada vez máis nutridos e é máis fácil que as
rutinas de ocupación de tempo sexan moi semellantes, as novas entradas multiplícanse
nese tempo, co que volven ás páxinas xa vistas para ver as novidades en perfis
visitados recentemente. Deste modo, a dedicación diaria exclusiva elévase ata
rozar as tres horas e media. E desde logo é diaria: para a maioría dos usuarios,
unha das tarefas cotiás que non poden faltar é a de meterse no Facebook, Tuenti
ou outros similares.
Sen dúbida ninguén imaxinou as repercusións das famosas redes sociais:
blogs persoais, My Space, Facebook xa que moitos empresarios reclutan aos seus
traballadores a través deste tipo de sitios virtuais, onde se intercambian a
miúdo intereses, información sobre proxectos ou creación de subgrupos, ademais
é preciso mencionar que estas tecnoloxías están xeralmente ligadas á poboación
moza, xa que as persoas de máis idade non mostran interese en relacionarse con
este tipo de redes nin aprender sobre navigación e búsqueda de información en
internet.
Moitos estudos realízanse en base aos datos
obtidos nas redes sociais como por exemplo os estudos de mercado, por se fora pouco, non hai necesidade de
segmentalos porque a maioría xa conteñen
datos como a idade, sexo, intereses e demais. Posiblemente isto orixine certa
polémica con respecto ao dereito á intimidade pero nunca ninguén poderá dicir
que as redes sociais non están transformando o mundo web.
Estes son algúns exemplos das Redes Sociais máis importantes: Tuenti, Facebook, Hi-5, Badoo, Twitter, MySpace, etc.
-Facebook é a rede máis utilizada a nivel internacional. Foi creada no ano 2004 por Mark Zuckerberg, estudante da Universidade de Harvard, e aínda que comezou sendo unha Rede Social de estudantes, hoxe é a máis grande Rede Social do mundo con máis de 300 millóns de usuarios.
En 2006, Facebook
extendeuse cara a India; e no 2007 integrouse con Youtube; en 2008 lanzou a súa
versión en francés, alemán, extendéndose por todo o planeta.
RBC Capital estima que
o número de usuarios de Facebook sobrepasará os 500 millóns no ano 2011. Isto
significaría que Facebook podería reunir a máis do 10 % dos habitantes da Terra
antes de cumprir os dez anos de idade.
Que permite facer
Facebook?
·
Amigos. Coñecer xente
e facer amigos.
·
Grupos e Páxinas.
Compartir gustos comúns.
·
Publicar mensaxes e
comentarios para que os meus amigos e coñecidos os vexan e comenten.
·
Vídeos. Agregar
vídeos.
·
Fotos. Facebook ten más
de 5 millóns de fotos engadidas.
·
Regalos. Son iconas
cunha mensaxe que se pode dar en privado ou en público.
·
Xogos. Existen
diferentes xogos para que os usuarios poidan entreterse con eles.
·
Marketing. Publicar
noticias, comunicarse con clientes, gañar prestixio de marca e difundir
efectivamente produtos e eventos.
Os usuarios de Faceboock españois comparten máis a súa situación sentimental que o resto dos españois
Tres de cada catro usuarios de redes sociais en España non toma ningunha precaución cos datos persoais que está a compartir en Facebook. Así o sinala un recente estudo realizado pola empresa secure.me baseado en datos de 75.000 usuarios desta rede social en 11 países europeos. O 33% das mulleres e o 52% dos homes teñen todo o seu perfil público, o que implica que calquera pode consultalo. Do informe despréndese que o 76% dos usuarios españois publican detalles persoais nos seus perfís, xa sexa a cidade na que viven, a ideoloxía política, os membros da súa familia ou o estado sentimental. A compañía sinala que canto máis informacións abertas se compartan, máis vulnerables serán os usuarios ao roubo de datos e a suplantación de identidade.
Por outra parte, o informe sinala que somos máis prudentes á hora de publicar a data de nacemento que o resto de europeos (54% dos usuarios españois fronte ao 78% dos suízos, por exemplo). Non obstante, de todos os usuarios analizados, somos os máis propensos a compartir publicamente a situación sentimental: o 60% dos españois móstrana no seu perfil de Facebook fronte ao 24% dos rusos ou o 39% dos austríacos. Tamén nos situamos á cabeza á hora de publicar spam. En canto a compartir aplicacións malintencionadas na TimeLine, soamente os franceses (cun 36%) superan os usuarios españois (34%).
Facebock perxudica ás persoas con baixa autoestima !
Facebook pode ser un lugar fabuloso para fortalecer as relacións entre persoas. Pero na práctica, os individuos con baixa autoestima compórtanse de xeito contraproducente nesta rede social, bombardeando aos seus contactos con mensaxes negativas sobre as súas vidas e volvéndose cada vez menos amigables para os demais, segundo se desprende dun novo estudo da Universidade de Waterloo (Canadá) publicado na revista Psychological Science.
Joanne Wood e Amanda Forest, coautoras do estudo, comprobaron que a xente con baixa autoestima se comporta de xeito diferente á hora de expresar as súas emocións caro-a-cara ou en Facebook, e que perciben a rede social como un lugar seguro para evitar situacións sociais violentas ou embarazosas, polo que se comunican máis on-line. Non obstante, a realidade é que os demais "se cansan" das mensaxes negativas, que son emitidos con máis frecuencia por suxeitos que teñen a autoestima minguada. O peor é que "en Facebook non vemos as reaccións dos demais", reflexiona Wood, e os individuos seguen emitindo mensaxes que lles prexudican socialmente.