viernes, 20 de abril de 2012

AS REDES SOCIAIS


Que son as Redes Sociais?

 Unha rede social é unha estrutura social onde hai individuos que se relacionan entre si. As relacións poden ser de distinto tipo como intercambios financieiros, amizade, sexo.... Úsanse  tamén como medio para a interacción entre diferentes como chats, foros, xogos en liña, blogs…


 A orixe das redes sociais remóntase, polo menos, a 1995, cando Randy Conrads crea o sitio web classmates.com. Con esta rede social o que se busca é que a xente poida recuperar ou manter o contacto con antigos compañeiros da escola, instituto, universidade, etc.


Nestas comunidades, un número inicial de participantes envían mensaxes a membros da súa propia rede social invitándoos a unirse ao sitio. Os novos participantes repiten o proceso, medrando o número total de membros e os enlaces da rede. Os sitios ofrecen opcións como actualización automática da libreta de direccións, perfís visibles,  capacidade de crear novos enlaces mediante servizos de presentación e outras maneiras de conexión social en líña. As redes sociais tamén poden crearse en torno ás relacións comerciais.


Para que utilizan os adolescentes as Redes Sociais?

 Encaixan perfectamente coas necesidades dos adolescentes: un espazo propio, de ámbito exclusivo, lonxe das miradas dos pais e educadores. Supón tamén  un exceso de dependencia do outro misturada cunha certa curiosidade malsá e moita perda de tempo. Estas redes veñen a ser o “cuarto virtual”, ese que decoro como eu quero, e ao que invito a quen quero”. É o propio reflexo da vida de cada un. Tés un estado no que escribes o teu estado de ánimo xeral ou o que che pase pola cabeza, eses estados, situados no encabezamento da túa páxina, quedan gardados e calquera que te teña na súa rede como amigo pode velo e comentar nel. Nalgúns tamén tes a posibilidade de pór o teu estado civil na actualidade.Tamén crea absurdad competencias entre amigos por ver que consigue máis visitas e  quén é o máis popular.







Canto tempo malgastamos de media nos foros?

 O máis sorprendente é o tempo que pasa o usuario medio metido nestas redes. Segundo un estudo realizado pola auditora Nielsen, o tempo de uso diario ronda as tres horas. Durante ese longo lapso, que se fai?


 Para algúns, estes foros non son a ocupación exclusiva durante todo ese período. Entre eles o habitual será que, tras unha ollada máis ou menos detida, o tempo dependa das novidades introducidas nos perfís dos amigos desde a última visita-, a rede social que quede conectada mentres que o usuario se dedica a outras cousas co ordenador (navigar, descargar documentos, escoitar música, ver cine, realizar consultas en Internet, redactar traballos da universidade, etc.).


 Sen embargo, outros moitos dedican durante esas tres horas  atención exclusiva a estes foros como Tuenti, Facebook, etc. Primeiro comézase visitando as novidades introducidas nos perfís dos amigos e amigas. Logo aínda que non fose esa a intención inicial é fácil entreterse noutras cousas. A Rede Social reclama a atención do usuario cunha frecuencia moi alta: calquera mensaxe, foto ou vídeo que introduce algún dos amigos presentes na rede supón unha chamada que con frecuencia é atendida cun intercambio de mensaxes, de fotos –que son as estrelas destes foros- ou de vídeos. Cargar fotos e vídeos xa supón un certo tempo…e o reloxo corre.


Como os grupo de amigos na rede son cada vez máis nutridos e é máis fácil que as rutinas de ocupación de tempo sexan moi semellantes, as novas entradas multiplícanse nese tempo, co que volven ás páxinas xa vistas para ver as novidades en perfis visitados recentemente. Deste modo, a dedicación diaria exclusiva elévase ata rozar as tres horas e media. E desde logo é diaria: para a maioría dos usuarios, unha das tarefas cotiás que non poden faltar é a de meterse no Facebook, Tuenti ou outros similares.



Cales son as súas influencias?

Sen dúbida ninguén imaxinou  as repercusións das famosas redes sociais: blogs persoais, My Space, Facebook xa que moitos empresarios reclutan aos seus traballadores a través deste tipo de sitios virtuais, onde se intercambian a miúdo intereses, información sobre proxectos ou creación de subgrupos, ademais é preciso mencionar que estas tecnoloxías están xeralmente ligadas á poboación moza, xa que as persoas de máis idade non mostran interese en relacionarse con este tipo de redes nin aprender sobre navigación e búsqueda de información en internet.


Moitos estudos realízanse en base aos datos obtidos nas redes sociais como por exemplo os estudos de mercado,  por se fora pouco, non hai necesidade de segmentalos porque a maioría  xa conteñen datos como a idade, sexo, intereses e demais. Posiblemente isto orixine certa polémica con respecto ao dereito á intimidade pero nunca ninguén poderá dicir que as redes sociais non están transformando o mundo web.


Algúns exemplos de Redes Sociais.

Estes son algúns exemplos das Redes Sociais máis importantes: Tuenti, Facebook, Hi-5, Badoo, Twitter, MySpace, etc.
 -Facebook é a rede máis utilizada a nivel internacional. Foi creada no ano 2004 por Mark Zuckerberg, estudante da Universidade de Harvard, e aínda que comezou sendo unha Rede Social de estudantes, hoxe é a máis grande Rede Social do mundo con máis de 300 millóns de usuarios.




En 2006, Facebook extendeuse cara a India; e no 2007 integrouse con Youtube; en 2008 lanzou a súa versión en francés, alemán, extendéndose por todo o planeta.


RBC Capital estima que o número de usuarios de Facebook sobrepasará os 500 millóns no ano 2011. Isto significaría que Facebook podería reunir a máis do 10 % dos habitantes da Terra antes de cumprir os dez anos de idade.

Que permite facer Facebook?

·         Amigos. Coñecer xente e facer amigos.


·         Grupos e Páxinas. Compartir gustos  comúns.


·         Publicar mensaxes e comentarios para que os meus amigos e coñecidos os  vexan e comenten.


·         Vídeos. Agregar vídeos.


·         Fotos. Facebook ten más de 5 millóns de fotos engadidas.


·         Regalos. Son iconas cunha mensaxe que se pode dar en privado ou en público.


·         Xogos. Existen diferentes xogos para que os usuarios poidan entreterse con eles.


·         Marketing. Publicar noticias, comunicarse con clientes, gañar prestixio de marca e difundir efectivamente produtos e eventos.


 Os usuarios de Faceboock españois comparten máis a súa situación sentimental que o resto dos españois

Tres de cada catro usuarios de redes sociais en España non toma ningunha precaución cos datos persoais que está a compartir en Facebook. Así o sinala un recente estudo realizado pola empresa secure.me baseado en datos de 75.000 usuarios desta rede social en 11 países europeos. O 33% das mulleres e o 52% dos homes teñen todo o seu perfil público, o que implica que calquera pode consultalo. Do informe despréndese que o 76% dos usuarios españois publican detalles persoais nos seus perfís, xa sexa a cidade na que viven, a ideoloxía política, os membros da súa familia ou o estado sentimental. A compañía sinala que canto máis informacións abertas se compartan, máis vulnerables serán os usuarios ao roubo de datos e a suplantación de identidade.

Por outra parte, o informe sinala que somos máis prudentes á hora de publicar a data de nacemento que o resto de europeos (54% dos usuarios españois fronte ao 78% dos suízos, por exemplo). Non obstante, de todos os usuarios analizados, somos os máis propensos a compartir publicamente a situación sentimental: o 60% dos españois móstrana no seu perfil de Facebook fronte ao 24% dos rusos ou o 39% dos austríacos. Tamén nos situamos á cabeza á hora de publicar spam. En canto a compartir aplicacións malintencionadas na TimeLine, soamente os franceses (cun 36%) superan os usuarios españois (34%).



  Facebock perxudica ás persoas  con baixa autoestima !

 Facebook pode ser un lugar fabuloso para fortalecer as relacións entre persoas. Pero na práctica, os individuos con baixa autoestima compórtanse de xeito contraproducente nesta rede social, bombardeando aos seus contactos con mensaxes negativas sobre as súas vidas e volvéndose cada vez menos amigables para os demais, segundo se desprende dun novo estudo da Universidade de Waterloo (Canadá) publicado na revista Psychological Science.

 Joanne Wood e Amanda Forest, coautoras do estudo, comprobaron que a xente con baixa autoestima se comporta de xeito diferente á hora de expresar as súas emocións caro-a-cara ou en Facebook, e que perciben a rede social como un lugar seguro para evitar situacións sociais violentas ou embarazosas, polo que se comunican máis on-line. Non obstante, a realidade é que os demais "se cansan" das mensaxes negativas, que son emitidos con máis frecuencia por suxeitos que teñen a autoestima minguada. O peor é que "en Facebook non vemos as reaccións dos demais", reflexiona Wood, e os individuos seguen emitindo mensaxes que lles prexudican socialmente.








No hay comentarios:

Publicar un comentario